O Concello de Ares pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica, coa entrega de 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio.
Requisitos:
- Vivenda illada con parcela ou horta de polo menos 25 m².
- Non ter recibido un composteiro do Concello en campañas anteriores.
- Un composteiro por vivenda.
Como solicitalo:
- 💻 Online: a través do código QR da cartelería da campaña ou no seguínte enlace
- 📞 Por teléfono: 677 124 121.
Características:
- Capacidade de 400 litros.
- Debe instalarse no exterior, preferiblemente nunha zona sombreada e en contacto directo coa terra.
🇪🇺 Iniciativa cofinanciada pola Unión Europea, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

