Ares promove a reparación e reutilización da roupa con novos obradoiros de costura creativa

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares pon en marcha este mes de outubro un ciclo de obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil na Casa Rectoral, unha iniciativa orientada a fomentar o consumo responsable, a reutilización e a economía circular.

Ao longo das diferentes sesións, as persoas participantes poderán adquirir coñecementos básicos de costura e aprender técnicas para reparar, transformar e dar unha nova vida ás prendas de roupa, converténdoas en novos proxectos e evitando así o seu desperdicio.

O programa inclúe tres obradoiros:

  • Primeiros pasos na costura: venres 16 de outubro, de 11:00 a 13:30 horas.
  • Aprende a reparar: xoves 29 de outubro, de 11:00 a 13:30 horas.
  • Baixos e acabados: xoves 29 de outubro, de 16:00 a 18:30 horas.

Todas as actividades desenvolveranse na Casa Rectoral de Ares.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través do formulario de inscrición.

A iniciativa busca poñer en valor prácticas sinxelas que permiten alongar a vida útil das prendas, reducir o consumo de recursos e avanzar cara a modelos de consumo máis sostibles.

Estas actuacións están cofinanciadas pola Unión Europea, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Pódeche interesar