COMPOSTAXE DOMÉSTICA | ENTREGA DE 50 COMPOSTEIROS

Comparte este evento

O Concello de Ares pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica, coa entrega de 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio.

Requisitos:

  • Vivenda illada con parcela ou horta de polo menos 25 m².
  • Non ter recibido un composteiro do Concello en campañas anteriores.
  • Un composteiro por vivenda.

Como solicitalo:

  • 💻 Online: a través do código QR da cartelería da campaña ou no seguínte enlace
  • 📞 Por teléfono: 677 124 121.

Características:

  • Capacidade de 400 litros.
  • Debe instalarse no exterior, preferiblemente nunha zona sombreada e en contacto directo coa terra.

🇪🇺 Iniciativa cofinanciada pola Unión Europea, no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Pódeche interesar...

Eventos

Magosto-Samaín no Rueiro de Ares

Data e hora: 31 de outubro, ás 17:00 h. Lugar: O Rueiro de Ares. Programación e actividades: Obradoiro de colares de zonchos (exclusivo para socios).

Eventos

Samaín na Biblioteca 2026

Programación de medo na Biblioteca Municipal de Ares para gozar da lectura e do misterio. 28 de outubro, ás 19:30 h: «Unha biblioteca de medo»