X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2026

Comparte este evento

  • Gústache a fotografía?

  • Coñeces o teu pobo?

  • Tes entre 8 e 18 anos?

Anímate, presenta a túa foto. Poderás formar parte do calendario municipal 2027 ademais de levar un premio da túa categoría.

Obxectivo

O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.

Quen pode participar?
  • Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas.

  • As fotografías deben ser tomadas pola persoa participante.

  • Nota: Non poderán participar as persoas gañadoras dos primeiros premios da edición anterior.

 Cal é a categoría?
  • Categoría A: De 8 a 12 anos.

  • Categoría B: De 13 a 18 anos.

Prazos e lugar de entrega
  • Prazo de presentación: Do 9 de outubro ao 2 de novembro do 2026 ás 20:00 h.

  • Envío: De xeito electrónico ao correo concursofotografia@concellodeares.com.

  • Información e dúbidas: Na OMIX (Edificio Alianza Aresana, Rúa María 11, Ares) ou no teléfono 981 448 057.

Como participar?
  • Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante.

  • Asunto do correo: X CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES.

  • Autor e obras: Achegar os formularios de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados (dispoñibles para descargar en www.concellodeares.gal).

  • No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas, deberá achegarse tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.

Características das fotografías
  • Todas as fotografías deben conter os datos mencionados anteriormente.

  • Só serán admitidas en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.

  • Deben ter entre 6 e 12 Megapixels, en formato JPEG ou JPG.

  • Non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións; calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.

  • Non deben infrinxir os dereitos de terceiros.

  • Deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2026, non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos.

  • Non se permite o uso da intelixencia artificial.

Fallo e Premios

O xurado designado pola Concellaría de Cultura avaliará as fotografías recibidas en base ao adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo. Elixiranse un total de 6 fotos (3 de cada categoría, agás excepción motivada do xurado). Cada participante poderá ser finalista só cunha das fotografías presentadas.

Premios:
  • A – Exposición/Publicación: As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2027 que se reparte por todo o municipio, identificando a autoría daquelas.

  • B – Premios por Categoría (Categoría A e Categoría B):

    • 1º Premio: Cámara de fotos ou Tablet.

    • 2º e 3º Premio: Un lote de libros.

Condicións Xerais
  • As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida; en caso contrario, non serán admitidas.

  • No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuíto o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación de publicar, distribuir, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.

  • O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera atraso ou perda no envío das fotos.

  • As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar no concurso.

  • Organiza: Concello de Ares (Concellaría de Cultura e a OMIX).

  • Colabora: CPI As Mirandas..

DIPTICO CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2026 en pdf

FORMULARIO DE INSCRICION X CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2026 en pdf

FORMULARIO AUTORIZACION IMAXES TERCEIROS CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2026 en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026

24 de Outubro Programación de Actividades Martes, 20 Outubro Actividade: Obradoiros Grupo 1: Idades: De 3 a 6 anos Hora: 16:30 h. Lugar: Biblioteca Municipal