A rapazada do Concello de Ares convértese en protagonista dunha nova iniciativa do GALP Golfo Ártabro Norte, cofinanciada polo FEMPA e a Xunta de Galicia, que busca poñer en valor a nosa cultura e tradición mariñeira a través da creatividade da mocidade.
- Primaria: “A miña peixería e máis eu”, certame de debuxo.
- 1º a 4º de ESO: “Falan as ondas do mar”, certame de fotografía.
🌊 Os traballos seleccionados formarán parte dunha exposición itinerante que chegará ao Mercado Municipal de Ares no mes de novembro, mostrando a tradición mariñeira desde a mirada das novas xeracións.
- Prazo de entrega: ata o 19 de outubro de 2026.
- Información e adhesión: maicafreire@gmail.com
- Bases do Concurso de Debuxo: Consultar bases
- Bases do Concurso de Fotografía: Consultar bases

