-
Gústache a fotografía?
-
Coñeces o teu pobo?
-
Tes entre 8 e 18 anos?
Anímate, presenta a túa foto. Poderás formar parte do calendario municipal 2027 ademais de levar un premio da túa categoría.
Obxectivo
O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas e eventos representativos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.
Quen pode participar?
-
Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas.
-
As fotografías deben ser tomadas pola persoa participante.
-
Nota: Non poderán participar as persoas gañadoras dos primeiros premios da edición anterior.
Cal é a categoría?
-
Categoría A: De 8 a 12 anos.
-
Categoría B: De 13 a 18 anos.
Prazos e lugar de entrega
-
Prazo de presentación: Do 9 de outubro ao 2 de novembro do 2026 ás 20:00 h.
-
Envío: De xeito electrónico ao correo concursofotografia@concellodeares.com.
-
Información e dúbidas: Na OMIX (Edificio Alianza Aresana, Rúa María 11, Ares) ou no teléfono 981 448 057.
Como participar?
-
Poderase mandar un máximo de dúas fotografías por participante.
-
Asunto do correo: X CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES.
-
Autor e obras: Achegar os formularios de solicitude de participación e de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados (dispoñibles para descargar en www.concellodeares.gal).
-
No caso de que nas fotografías aparezan terceiras persoas, deberá achegarse tamén escaneada a autorización de imaxe asinada por elas.
Características das fotografías
-
Todas as fotografías deben conter os datos mencionados anteriormente.
-
Só serán admitidas en formato dixital e non estará permitido editalas ou melloralas.
-
Deben ter entre 6 e 12 Megapixels, en formato JPEG ou JPG.
-
Non poden conter imaxes violentas, degradantes ou ataques directos a individuos ou organizacións; calquera fotografía considerada ofensiva será descalificada.
-
Non deben infrinxir os dereitos de terceiros.
-
Deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2026, non publicadas con anterioridade, así como non ter sido presentadas noutros concursos.
-
Non se permite o uso da intelixencia artificial.
Fallo e Premios
O xurado designado pola Concellaría de Cultura avaliará as fotografías recibidas en base ao adecuado seguimento das bases, a creatividade, a orixinalidade da obra e a representatividade do pobo. Elixiranse un total de 6 fotos (3 de cada categoría, agás excepción motivada do xurado). Cada participante poderá ser finalista só cunha das fotografías presentadas.
Premios:
-
A – Exposición/Publicación: As fotografías gañadoras pasarán a formar parte do calendario do concello 2027 que se reparte por todo o municipio, identificando a autoría daquelas.
-
B – Premios por Categoría (Categoría A e Categoría B):
-
1º Premio: Cámara de fotos ou Tablet.
-
2º e 3º Premio: Un lote de libros.
-
Condicións Xerais
-
As persoas participantes no concurso deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida; en caso contrario, non serán admitidas.
-
No momento de enviar as fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuíto o dereito de usar as fotos de calquera xeito e en calquera medio, incluíndo o dereito sen limitación de publicar, distribuir, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.
-
O Concello de Ares non asume ningunha responsabilidade por calquera atraso ou perda no envío das fotos.
-
As persoas participantes aceptan as bases polo mero feito de participar no concurso.
-
Organiza: Concello de Ares (Concellaría de Cultura e a OMIX).
-
Colabora: CPI As Mirandas..
DIPTICO CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2026 en pdf
FORMULARIO DE INSCRICION X CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2026 en pdf
FORMULARIO AUTORIZACION IMAXES TERCEIROS CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2026 en pdf



