SendAres 2026-2027

Comparte este evento

Tempada I: de outono a primavera

Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo.

Programación de Rutas

Ruta 1: Senda dos Cerqueiros e mirador da Carbueira

  • Descrición: Percorrido polo Parque Natural das Fragas do Eume que permite descubrir a súa riqueza paisaxística e botánica, atravesando bosques autóctonos de carballos, castiñeiros e fentos. O itinerario inclúe o Mirador de Carbueira, desde onde se pode contemplar unha espectacular panorámica do encoro do Eume e da fraga atlántica.

  • Data: 25 de outubro

  • Horario: Saída ás 8:30 h. / Chegada ás 14:30 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 12 km / Desnivel 315 +/-

  • Dificultade: Media

  • Prezo: 20 euros

Ruta 2: SendAres Ruta 1 – Circular Ares-Cervás-Ares

  • Descrición: Ruta pola costa de Ares. Percorrido a pé desde a Praza da Igrexa de Ares cara á costa, pasando pola Punta do Castelo, as calas de Estacas e A Barrosa, o mirador do Blue Star e o Castro de Santa Mariña, ata a Cova dos Mouros. O regreso realizarase polo interior, atravesando Lubre, ata chegar de novo á Praza da Igrexa.

  • Data: 15 de novembro

  • Horario: Saída ás 9:00 h. / Chegada ás 13:00 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 11 km / Desnivel 100 +/-

  • Dificultade: Baixa

  • Prezo: 5 euros

Ruta 3: SendAres Ruta 2 – Circular Cervás-Chanteiro-Cervás

  • Descrición: Ruta por Cervás e Chanteiro. Percorrido circular con saída do aparcadoiro do cemiterio de Cervás, pasando por Punta de Santa Mariña, os Remuíños, Ansuela, Punta Promontoiro e Punta Coitelada. A ruta continúa pola praia de Chanteiro e a Ermida da Merced, para regresar por Outeiro ao punto de partida.

  • Data: 17 de xaneiro

  • Horario: Saída ás 9:00 h. / Chegada ás 13:30 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 12 km / Desnivel 100 +/-

  • Dificultade: Baixa

  • Prezo: 5 euros

Ruta 4: SendAres Ruta 3 – Circular Cervás-Chanteiro-Cervás

  • Descrición: Ruta por Montefaro e Cervás. Percorrido con saída do CIRS de Cervás e ascenso a Montefaro, pasando polo Mosteiro de Santa Catarina, a Batería da Bailadora e as antenas de comunicación. A baixada continúa pola Batería de Fonteseca, Punta Segaño e a praia de Chanteiro, para regresar a Cervás pasando pola Ermida da Merced, Fonte do Cal e Pedrachá, ata o punto de partida.

  • Data: 21 de febreiro

  • Horario: Saída ás 9:00 h. / Chegada ás 13:30 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 11 km / Desnivel 300 +/-

  • Dificultade: Media

  • Prezo: 5 euros

Ruta 5: Val de Cambás, Aranga

  • Descrición: Percorrido polo Val de Cambás, un espazo natural de gran valor ecolóxico, con fraga atlántica, biodiversidade fluvial e espectaculares saltos de auga. A ruta inclúe a Fervenza do Rego da Palanca, o Pozo de Castro Rodicio, antigos muíños e o Mirador do Vieiro, con vistas á Serra da Loba.

  • Data: 21 de marzo

  • Horario: Saída ás 8:30 h. / Chegada ás 14:30 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 9 km / Desnivel 325 +/-

  • Dificultade: Media

  • Prezo: 20 euros

Ruta 6: O Barqueiro / Porto de Espasante / Estaca de Bares / Barqueiro

  • Descrición: Percorrido costeiro que conecta O Barqueiro con Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica, atravesando a paisaxe onde conflúen o Atlántico e o Cantábrico. A ruta pasa por Porto de Bares e os Muíños de Bares, para rematar no espazo natural de Estaca de Bares, co seu faro, estación ornitolóxica e destacado valor xeolóxico.

  • Data: 25 de abril

  • Horario: Saída ás 8:00 h. / Chegada ás 15:00 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 15 km / Desnivel 800 +/-

  • Dificultade: Media

  • Prezo: 20 euros

Ruta 7: Ruta dos pinos da Costa, De Razo a Malpica

  • Descrición: Percorrido costeiro entre Razo (Carballo) e Malpica de Bergantiños, por un dos tramos máis espectaculares da Costa da Morte, con gran valor xeolóxico e ambiental. A ruta atravesa piñeirais, cantís, praias salvaxes e o sistema dunar de Razo-Baldaio, con miradores naturais sobre o Atlántico e vistas ás Illas Sisargas.

  • Data: 25 de abril

  • Horario: Saída ás 8:00 h. / Chegada ás 17:00 h.

  • Lugar de encontro: Praza da Igrexa de Ares

  • Capacidade: 25 prazas

  • Datos técnicos: 16 km / Desnivel 500 +/-

  • Dificultade: Media

  • Prezo: 20 euros

Normativa do Programa

  • Obxectivo: Propiciar o desenvolvemento da actividade física no medio rural, axudar a establecer formas de vida saudables e promover o coñecemento da contorna dende unha percepción activa.

  • Destinatarios: Calquera persoa maior de 12 anos. Os menores de idade deberán participar sempre baixo a tutela dun adulto responsable, que se deberá comunicar no momento da inscrición.

  • Inscricións:

    • Realizaranse para cada actividade por separado na forma e prazos establecidos.

    • Rematado o prazo, elaborarase un listado de participantes e unha lista de garda para empregar en caso de baixas.

    • Para formalizar a inscrición hai que acceder á web municipal (www.concellodeares.gal) e premer en SendAres 2026/2027 para enviar a solicitude. As solicitudes rexistraranse por orde de chegada para confeccionar os listados.

  • Pagamento: Unha vez confirmada a praza a cada solicitante, indicarase a forma de pagamento. O prezo de cada ruta inclúe servizos de guía, seguros e transporte.

  • Desprazamentos: Realizaranse en microbuses, saíndo e regresando ós puntos establecidos previamente (por norma xeral, dende a Praza da Igrexa de Ares).

  • Material necesario: Cada participante deberá levar a súa mochila cos elementos necesarios para a ruta, avituallamento persoal, calzado e roupa axeitada para a práctica deportiva.

RUTAS SENDARES 2026-2027 en pdf

 

Pódeche interesar...

Actividades Municipais

SendAres 2026-2027

Tempada I: de outono a primavera Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo. Programación de Rutas Ruta 1: Senda dos Cerqueiros e

Eventos

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026

24 de Outubro ENLACE INCRICIÓN NO OBRADOIRO DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026: https://forms.gle/HXYYMohroXiL4sTs5 Programación de Actividades Martes, 20 Outubro Actividade: Obradoiros Grupo 1: Idades: De 3