O Concello de Ares incorpora un novo recurso ao servizo da veciñanza: un punto limpo móbil deseñado especificamente para dar cobertura aos eventos, festas e actividades concorridas que se celebran na vila.
Esta infraestrutura itinerante permitirá mellorar a xestión dos residuos xerados nestas citas multitudinarias, facilitando a súa separación no propio lugar de celebración e promovendo a reciclaxe, a economía circular e o coidado dos espazos públicos.
Os residuos poderán depositarse nos colectores correspondentes, segundo a súa tipoloxía:
- Vidro
- Plástico
- Papel
- Resto
Esta iniciativa busca promover a reciclaxe, fomentar a economía circular e contribuír a manter os espazos públicos limpos e coidados.
A actuación enmárcase na aposta municipal polo coidado do medio ambiente e a mellora continua da xestión dos residuos, contando co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo e cofinanciamento da Unión Europea a través de Fondos Europeos.
Facer de cada evento un espazo máis sostible e respectuoso co noso contorno está nas mans de todas e todos. Reciclar en Ares é cada día máis doado!




