A veciñanza de Ares respondeu un ano máis ao chamamento da solidariedade, dándose a man ao longo do paseo marítimo para conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama e amosar un apoio colectivo, visible e agarimoso a todas as persoas que conviven con esta enfermidade e ás súas familias.
A iniciativa foi organizada pola Xunta Local da Asociación Española Contra o Cáncro (AECC), en colaboración co Concello de Ares e a Asociación Sereas das Mirandas, conseguindo tinguir de rosa a fachada marítima da nosa vila nun xesto cheo de compromiso e unidade.
Moitas grazas a todas as veciñas e veciños que vos sumastes coa vosa presenza para demostrar a forza da nosa comunidade. Ares nunca camiña soa!

