Avisos

O Concello de Ares contou cunha subvención de 7.500,00 euros da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para financiar parcialmente o servizo de vixilancia, rescate e salvamento na praia de Chanteiro durante a tempada estival de 2026.

Esta actuación permitiu prestar o servizo mediante dous socorristas diarios, do 1 de xullo ao 31 de agosto de 2026, contribuíndo a reforzar a seguridade das persoas usuarias da praia.

O servizo supuxo un gasto municipal de 18.143,96 euros, segundo as facturas aboadas polo Concello.

A axuda foi concedida ao abeiro da Orde do 13 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, correspondente ao procedemento PR460D, convocatoria 2026.

Actuación subvencionada pola Xunta de Galicia – Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.