O Concello de Ares conta cunha subvención de 12.400 euros da Xunta de Galicia para desenvolver actuacións de mellora, modernización e dinamización do Mercado Municipal durante a anualidade 2026.
A axuda foi concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ao abeiro da Orde do 5 de xaneiro de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e a dinamización e revitalización das prazas de abastos (procedemento IN223A).
As actuacións subvencionadas comprenden a elaboración dunha diagnose da situación e dos usos do mercado municipal, así como o desenvolvemento de accións de mentoring e asesoramento comercial orientadas á mellora da competitividade e profesionalización da actividade comercial.
O investimento total previsto para estas actuacións na anualidade 2026 ascende a 16.735 euros, dos cales 12.400 euros corresponden á subvención concedida pola Xunta de Galicia e 4.335 euros á achega municipal.
Con esta iniciativa, o Concello de Ares reafirma o seu compromiso coa modernización do Mercado Municipal, o fortalecemento do comercio de proximidade e a mellora dos servizos ofrecidos á veciñanza.
Actuación financiada pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco do programa de impulso dunha rede de mercados excelentes de Galicia e dinamización e revitalización das prazas de abastos.
Procedemento IN223A — Expediente IN223A-2026-00000005-00 — Anualidade 2026.


