Avisos

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER:

O Concello de Ares informa de que, con motivo dos traballos de conexión da nova tubaxe xeral da rede de abastecemento de auga executada recentemente, será necesario interromper temporalmente o subministro o vindeiro mércores 25 de novembro.

O horario previsto será dende as 21:00H ata a finalización dos traballos.

O corte afectará a todo o casco urbano, Besoxo, Pedrós, Avenida de Redes ata o cruce coa Rúa Rodríguez Castelao e a Avenida de Franza.

Pregamos desculpen as molestias que esta actuación poida ocasionar e agradecemos a comprensión da veciñanza.

Grazas pola súa colaboración.

Ares, 20 de novembro de 2026

O alcalde, Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo