Aprobación das bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión temporal, mediante contrato de substitución, dunha praza de oficial de 1ª de obras e servizos no Concello de Ares e inclusión en bolsa de emprego.
ANUNCIO
Aprobadas as BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN TEMPORAL MEDIANTE CONTRATO DE SUBSTITUCIÓN DUNHA PRAZA DE OFICIAL DE 1ª DE OBRAS E SERVIZOS NO CONCELLO DE ARES E INCLUSIÓN EN BOLSA DE EMPREGO, por acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada en data 18/11/2026, por medio do presente faise público dito acordo e se procede á convocatoria.
“BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN TEMPORAL MEDIANTE CONTRATO DE SUBSTITUCIÓN DUNHA PRAZA DE OFICIAL DE 1ª DE OBRAS E SERVIZOS NO CONCELLO DE ARES E INCLUSIÓN EN BOLSA DE EMPREGO.
PRIMEIRA. Obxecto da convocatoria
É obxecto das presentes bases a selección, mediante o sistema de concurso-oposición, dun/a operario/a para a formalización dun contrato laboral de duración determinada, baixo a modalidade de contrato de substitución por Incapacidade Temporal (IT), co fin de cubrir o posto de Oficial de 1ª de Obras e Servizos do Concello de Ares, con dereito a reserva de posto para o seu titular. Así mesmo, conformarase unha Bolsa de Emprego para futuras necesidades de substitución ou acumulacións de tarefas de igual categoría.
-
Clasificación: Persoal Laboral
-
Grupo de cotización: Grupo IV
-
Xornada:
SEGUNDA. Requisitos dos aspirantes
Para ser admitidos/as ao proceso selectivo, os/as candidatos/as deberán reunir os seguintes requisitos o día de finalización do prazo de presentación de instancias:
-
Nacionalidade: Ter a nacionalidade española ou dalgún dos Estados membro da Unión Europea nos termos previstos pola lei.
-
Idade: Ter cumpridos 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación.
-
Capacidade: Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas habituais de albanelería, fontanería, mantemento viario e servizos municipais.
-
Habilitación: Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas.
-
Titulación: Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Formación Profesional de Grao Medio en Edificación e Obra Civil ou
-
Permiso de conducir: Estar en posesión do permiso de conducir clase B en vigor (requisito indispensable para o desprazamento cos vehículos de servizos do municipio).
TERCEIRA. Solicitudes e prazo de presentación
-
Prazo: As instancias solicitando tomar parte no proceso presentaranse no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña ou no Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica do Concello de Ares.
-
Lugar: Dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Ares e poderán presentarse telematicamente a través da Sede electrónica do Concello de Ares ou presencialmente no Rexistro Xeral.
CUARTA. Proceso Selectivo (Concurso-Oposición)
FASE DE OPOSICIÓN (Máximo 60 puntos) – Carácter obrigatorio e eliminatorio
-
Primeiro Exercicio (Teórico-Práctico – 40 puntos): Consistirá en responder por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test ou de desenvolvemento curto sobre as materias do temario (anexo I). Requirirase unha puntuación mínima de 20 puntos para superar a proba.
-
Segundo Exercicio (Práctico – 20 puntos): Realización dunha proba de destreza manual ou resolución dun suposto no taller de obras ou vías públicas municipais (ex. reformulo dun pavimento, reparación dunha acometida de augas ou colocación de elementos urbanos). Cualificación mínima: 10 puntos.
-
Proba de Coñecemento da Lingua Galega (Apto/Non Apto): Obrigatoria para quen non acrediten posuír o título Celga 2 ou equivalente.
FASE DE CONCURSO (Máximo 40 puntos) – Non eliminatoria
Só se valorará aos/as aspirantes que superasen a fase de oposición.
1. Experiencia Profesional (Máximo 25 puntos):
-
Por servizos prestados na Administración Local na categoría de Oficial 1ª de Obras: 0,30 puntos por
-
Por servizos prestados noutras Administracións Públicas no mesmo posto: 0,15 puntos por
-
Por servizos prestados na empresa privada en idéntica profesión: 0,08 puntos por
2. Formación e Cursos (Máximo 15 puntos):
-
Por cursos de formación ou prevención de riscos laborais relacionados directamente coas funcións de obras, albanelería, fontanería ou maquinaria: 0,10 puntos por hora de formación.
QUINTA. Tribunal Seleccionador
O Tribunal de Selección estará constituído conforme ao disposto no artigo 60 do TREBEP, garantindo os principios de imparcialidade, profesionalidade e especialidade dos seus membros. Estará composto por un/a Presidente/a, tres Vogais e un/a Secretario/a (con voz pero sen voto). Todos os vogais deberán posuír unha titulación igual ou superior á esixida para a praza.
SEXTA. Contratación e Constitución da Bolsa
Unha vez finalizado o proceso, o/a candidato/a con maior puntuación será proposto/a para a firma do contrato de substitución. O contrato detallará o nome da persoa en situación de IT que se substitúe. O resto dos/as aspirantes aprobados/as quedarán integrados/as por orde de puntuación nunha Bolsa de Traballo cunha vixencia de 3 anos, destinada á substitución áxil de futuras baixas na brigada de obras.
– ANEXO I: TEMARIO
Parte Xeral:
-
A Constitución Española de 1978: Principios xerais e dereitos.
-
O Réxime Local Español: O Concello, competencias municipais e organización do Concello.
-
O Estatuto de Autonomía de Galicia: Institucións autonómicas.
Parte Específica:
-
Materiais de construción: Morteiros, formigóns, ladrillos, aglomerados asfálticos e tubaxes. Usos habituais na vía pública.
-
Ferramentas e maquinaria lixeira de obra: Manexo seguro.
-
Reparación e mantemento de pavimentos, beirarrúas e calzadas.
-
Redes de saneamento e abastecemento de auga no ámbito municipal: Reparación de roturas de tubaxes e mantemento.
-
Elementos de seguridade urbana: Colocación de sinalización vertical, valado de obras provisionais e mobiliario urbano.
-
Lei de Prevención de Riscos Laborais aplicada aos traballos na construción e servizos públicos: Medidas de protección individual e colectiva, traballos en gabias e espazos confinados.
En Ares, a 18 de novembro de 2026.
O Alcalde,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo.


