O Concello de Ares acolle a presentación da segunda edición desta iniciativa gratuíta de exercicio físico, dirixida a persoas maiores de 60 anos, tras o éxito acadado na primeira convocatoria.
Data: Mércores 2 de decembro
Hora: 11:00 h
Lugar: Salón de actos da Alianza Aresana
A cargo de: José Barcia (prescritor de exercicio físico do Concello).
En que consiste o programa?
- Plans de exercicio físico personalizados, regulados e controlados por profesionais durante 6 meses.
- Sesións semanais totalmente gratuítas para gañar enerxía, fortalecer o corpo e previr a fraxilidade.
Unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia (Fundación Deporte Galego e SERGAS) coa colaboración do Concello de Ares e o centro de saúde da localidade.
Se tes 60 anos ou máis e queres mellorar a túa saúde, agardámoste na charla informativa. Anímate e móvete con nós!



