CASA DA CUBANA

R/ Paralelo

Sita na Rúa Paralelo, “Santa Amalia”, ou máis ben A Casa da Cubana que é o nome que lle da a veciñanza de Redes, é unha das maiores vivendas indianas da bisbarra.

Luciano Rojo López foi, coma tantos outros, un emigrado a Cuba. Alá a sorte sorriulle e chegou a fundar na Habana uns almacéns de carbón.

Casa en Cuba con Josefina e, coa fortuna acumulada, decide regresar.

Despois dun tempo vivindo na casa materna, no ano 1919 pon en mans do mestre local José Calvo a construción desta nova vivenda.

A vivenda ten semisoto, dúas plantas e baixo cuberta; ademáis dun gran xardín.

As influencias coloniais vense no seu amplo “porche” e a interminable galería sostida por columnas.

Conta con oratore, cocheira e lavadoiro que toma referencias da arquitectura das casas de baños de comezos de século, con carpinterías de aire modernista.

Non lle falta detalle…

Contan que nela facíanse festas e actos sociais, amenizadas cun impoñente piano pero… para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:

 

Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Redes. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?