Situada moi próxima á praia de Chanteiro conta cunha das historias máis impoñentes da zona. A Ermida da nosa Señora da Mercé foi un convento de franciscanos e un centro de peregrinación para todos aqueles devotos aos que García Manrique concedía 40 días de perdón se peregrinaban a este lugar os días de festa de Santa María.
Destaca tamén por ser actualmente a Ermida á que se acode en cumprimento do Voto de Chanteiro, voto que se crea pola historia que conta que foi a intervención da Virxe a que liberou á comarca dunha peste de cólera.