XI MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN ARES 2022

Comparte este evento

O VINDEIRO DOMINGO 10 DE XULLO DE 2022 (ENTRE AS 9:00 E AS 21:00 H) LEVAREMOS A CABO O XI MERCADO VECIÑAL DE SEGUNDA MAN –CONCELLO DE ARES, DESTINADO Á VENDA DE ARTIGOS DE ESTAS CATEGORÍAS.

NA FEIRA PÓDESE, INTERCAMBIAR, MERCAR OU VENDER: XOGUETES, LIBROS, PELÍCULAS, MATERIAL DE COLECIONISMO, ROUPA, CALZADO, BISUTERÍA DE SEGUNDA MAN E OUTROS ARTIGOS DE ARTESANÍA QUE SE CONSIDEREN DE INTERESE.

É UN MERCADO VECIÑAL DE PRODUTOS DE SEGUNDA MAN E ARTESANÍA
NON SE PERMITIRÁ A VENDA DE NINGÚN TIPO DE ALIMENTO OU COMIDA

1.- QUEN PODE POÑER UN POSTO?
• PARTICULARES EN XERAL ( non se poderá vender nesta categoría máis dun 30 % de produto novo agás os feitos a man como actividade de entretemento, nunca con carácter comercial )
• ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES DOMICILIADAS NA VILA (RESERVARÁNSE 10 POSTOS)
• PROFESIONAIS (MÁXIMO 20 POSTOS)

2.- QUE NECESITO?
CADA ADXUDICATARIO DEBE LEVAR TODO O NECESARIO PARA MONTAR O SEU POSTO, E SERÁ RESPONSABLE DESTE.

EN TODO CASO ASUME DEIXAR O ESPAZO CEDIDO NO MESMO ESTADO DE LIMPEZA NO QUE O ATOPOU (EN CASO CONTRARIO PERDERÁ O DEREITO A PARTICIPAR O ANO SEGUINTE).

3.- ONDE E ATA CANDO PODO SOLICITAR O POSTO?
AS INSCRICIÓNS LEVARÁNSE A CABO OS SEGUINTES DÍAS NA BIBILIOTECA MUNICIPAL (ALIANZAS ARESANAS – RÚA MARÍA 11):
• DO 27 AO 29 DE XUÑO : SOLICITANTES EMPADROADOS NO CONCELLO DE ARES.
• DO 30 DE XUÑO ATA ESGOTAR PRAZAS: SOLICITANTES NON EMPADROADOS NO CONCELLO DE ARES.

A ADXUDICACIÓN, TRAS COMPROBAR QUE SE CUMPREN TODOS OS REQUISITOS, EFECTUARÁSE POR RIGUROSA ORDE DE INSCRICIÓN ATA REMATAR OS POSTOS.
AS SOLICITUDES FARANSE PERSOALMENTE, EN NINGÚN CASO SE PODERÁN FACER POR VÍA TELEMÁTICA OU TELEFÓNICA.

4.- CANTOS POSTOS PODEMOS SOLICITAR?
PODERASE SOLICITAR UN POSTO POR PERSOA.

CADA PARTICIPANTE DISPÓN DUNHA SUPERFICIE DE EXPOSICIÓN DE 3 METROS LINEAIS,

NO CASO DE ASOCIACIÓNS E SOCIEDADES DOMICILIADAS NA VILA, SE XUSTIFICAN A NECESIDADE DE MÁIS DE 3 M LINEAIS PARA EXPOÑER OS SEUS PRODUTOS, PODERÁN OBTER AUTORIZACIÓN PARA DOUS POSTOS.

A SOLICITUDE DEBERÁ PRESENTALA A PERSOA RESPONSABLE DO POSTO OU AUTORIZADO (neste caso debe achegar autorización asinada por ambos e copia do DNI do representado). Pode descargar o modelo de autorización da web municipal (www.concellodeares.com).

Cada persoa só poder ser autorizada para solicitar 1 posto máis o seu propio.

5.- COMO SOLICITAR O POSTO?
• CUBRIR A SOLICITUDE DE RESERVA DE POSTO QUE PODERÁ OBTER NA BIBLIOTECA, ACHEGANDO COPIA DO DNI DA PERSOA SOLICITANTE. **EN CASO DE AUTORIZACIÓN, CONSULTE O ANTERIOR EPÍGRAFE.
• FACER O PAGAMENTO NO MOMENTO DA INSCRICIÓN (debe achegar importe exacto).
NON SE ACEPTARÁ A ENTREGA DE NINGUNHA SOLICITUDE QUE NON VEÑA COMPLETA (DATOS, SINATURA, AUTORIZACION DE SER O CASO E XUSTIFICACIÓN DE PAGAMENTO)
• NO CASO DE NON PODER ASISTIR O DÍA DO MERCADO, EN NINGÚN CASO SE DEVOLVERÁ O IMPORTE.

6.- ONDE SE VAI SITUAR O MERCADO?
AO LONGO DE TODO O PASEO MARÍTIMO (DENDE A CAFETERÍA “O GAITEIRO” ATA O PEZ ROJO).

7.- CUSTO DE CADA POSTO?
5€, AGÁS ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO E ONG.
O NÚMERO TOTAL DE POSTOS É DE 130.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN:

  • O DÍA DO MERCADO (10 DE XULLO) OS POSTOS TERÁN QUE QUEDAR MONTADOS CON SUFICIENTE ANTELACIÓN POLA MAÑÁ CEDO, DE TAL XEITO QUE ÁS NOVE DA MAÑÁ O PASEO TEN QUE QUEDAR LIBRE DE VEHÍCULOS.
  • SE AS 10:00 H DA MAÑÁ O TITULAR NON TIVERA MONTADO O POSTO, A ORGANIZACIÓN PODERÁ FACER USO DO MESMO.
  • SE ALGÚN DOS USUARIOS QUE TEÑEN POSTO AXUDICADO, NON TIVERA PREVISTO ASISTIR, DEBERÁ COMUNICARLLO Á ORGANIZACIÓN COMO MÁXIMO ANTES DO XOVES, 7 DE XULLO ÁS 12:00H. En caso contrario, perderá o dereito a participar no Mercado ao ano seguinte.
  • PERMITIRÁSE O PASO DE VEHÍCULOS O TEMPO SUFICIENTE PARA BAIXAR A MERCANCÍA , DESPOIS HABERÁ QUE RETIRALOS A UN LUGAR AXEITADO.
  • CHEGADO O VENRES 8 DE XULLO , DE EXISTIREN PRAZAS VACANTES NALGUNHA DAS MODALIDADES DA BASE 1, PODERÁN SER CUBERTAS POLAS SOLICITUDES QUE FIGUREN NA LISTAXE DE AGARDA DAS OUTRAS DÚAS.
  • A ORGANIZACIÓN RESÈRVASE O DEREITO A INTERPRETAR AS PRESENTES BASES NO CASO DE DÚBIDA OU CONFLITO.
  • OS SOLICITANTES, COA PRESENTACIÓN DA SÚA SOLICITUDE, ACEPTAN AS PRESENTES BASES E OBRÍGANSE A CUMPLILAS.

Seguindo o regulamento de protección datos persoais, as persoas solicitantes autorizan o tratamento dos datos facilitados polo Concello de Ares só cos fins asociados á xestión deste mercado. As persoas solicitantes poder exercer os seus dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación dirixíndose ao correo cultura@concellodeares.com ou vía postal a Av Saavedra Meneses 12 15624 Ares .

Información e inscricións:
Biblioteca municipal (Rúa María 11 )
Teléfono: 981448057

NORMATIVA en pdf

SOLICITUDE PARTICULARES en pdf

SOLICITUDE ASOCIACIÓNS en pdf

MODELO AUTORIZACIÓN en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE NADAL 2024: https://forms.gle/KCwadgrJmuqLCTtE7 ACTIVIDADES NA CASA DA XUVENTUDE NADAL 2024: https://forms.gle/5hpLn3MVSfWSBh1v5 OBRADOIROS DE NADAL NA BIBLIOTECA 2024: https://forms.gle/1tgkGSrzLD4LWs3i6   MÉRCORES, 4 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN