O Concello inicia o balizamento dos areais do municipio

Comparte esta nota de prensa

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de informar dunha das principais accións da súa área de traballo que se están a acometer nestes días: o proceso de balizamento das praias da localidade, que arrancou xa a fin de semana pasada coa colocación provisional no posto de socorrismo próximo ó paseo marítimo da vila das primeiras boias.

Segundo a información aportada pola Concellaría de José Juan Vilar, balizarase paulatinamente o areal urbano de Ares, mais tamén as praias de Seselle, O Raso, Area Morta (Redes) e Chanteiro, nunha intervención na que se instalarán unhas aproximadamente 50 boias para diferenciar as zonas de baño das de emprego deportivo ou de lecer.

Vilar salientou a “mellora de convivencia” de bañistas e embarcacións que suporá a instalación da sinalización, coas súas respectivas canles, mais tamén un claro “aumento da seguridade” no uso cotián dos areais neste e futuros períodos estivais, que estarán adecuados ás instrucións e certificacións dadas por Capitanía.

 

Pódeche interesar