A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de informar dun dos principais servizos estatais que afectan ás persoas maiores: a posta en marcha do Programa de Turismo 2022-2023 do IMSERSO (Instituto de Maiores e Servizos Sociais).

Se estás interesado/a en viaxar con programa, ten en conta que o prazo de presentación de novas solicitudes -persoas que non participaron anteriormente- está aberto ata o 19 de xullo, inclusive. Se xa estabas acreditado e participaches nos seus viaxes, no teu domicilio terás unha carta para a renovación.

Para máis información, como requisitos ou documentación a aportar, podes consultar o seguinte sitio web:
https://www.imserso.es/imserso_01/actualidad/2022/junio/IM_144876