Rúa Real, 64/66
CARACTERÍSTICAS ARQUITECTÓNICAS: Na fachada principal, séguese un eixo de simetría central nas dúas casas, aínda que se aprecian diferenzas entre elas.
Na casa número 64, sobre a porta principal, hai una galería de madeira separada dos dous balcóns laterais . Na casa número 66, sobre a porta, hai un balcón unido a dúas galerías de madeira.
Outro elemento diferenciador está no baixo cuberta. Mentres na número 66 non hai aproveitamento cara á rúa Real, na 64 presenta una terraza con varanda de forxa e bufarda con remates de madeira.
A fachada traseira ( rúa da Lúa) é diferente nas dúas casas, parecendo máis sinxela a número 64 que a número 66. Na primeira non hai galerías e o elemento máis destacado é o balcón central. A número 66 presenta, na primeira planta, un balcón central unido a dúas galerías laterais. As dúas casas rematan con sendas bufardas de madeira no baixo cuberta.
Nas dúas casas aprécianse materias propios da arquitectura modernista: galerías de madeira con vidros de cor e cerámica, así como aplicación de ferro forxado. Este último material, decorado con motivos xeométricos e vexetais, compón tamén os balcóns e os antepeitos das ventas e bufardas.
HISTORIA: As dúas casas foron construídas na finca que ocupaba a primitiva casa familiar, propiedade de José Ramón Ramos, pai de Sara e Josefa (e doutros dous irmáns varóns). Na pranta baixa desta primitiva casa estivo a ferretería “La Llave” (rexentada polos fillos e netos de Josefa noutra ubicación ata hai poucos anos) o e na primeira planta houbera, con anterioridade, un salón de baile.
Sara e Josefa heredan esta casa e, xunto cos seus esposos, Emilio Fernández e Arturo Fuentes, que emigraran a Cuba, deciden dividir a propiedade e construír cadansúa vivenda.
A primeira casa que se construiu foi a de Sara, a número 66, pois Josefa, xunto co seu esposo Arturo Fuentes e o seu fillo Arturo, permaneceron na Habana ata principios dos anos 30 e, cando retornaron definitivamente, viviron un tempo en Ferrol ata que a casa estivo rematada e voltaron definitivamente a Ares decidindose a recuperar o negocio de ferretería que houbera na casa primitiva, xa noutra ubicación (Avda Saavedra Meneses), engadindo logo a actividade de estanco cedida por unha familiar tras a súa xubilación.
Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:
Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?