“Inventio Mundi”, cedida polo Consello da Cultura Galega, atópase na Agrupación Instrutiva de Caamouco e é unha homenaxe aos navegantes galegos que participaron nos inicios das viaxes transoceánicas. Achégate a ela de luns a xoves, de 10:30 a 12:00 horas.
“Retratos de familia” de Delfín Vázquez está dispoñible na Alianza Aresana, de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. A mostra está composta por unha colección de retratos de mulleres e nenos feitos por Delfín durante o século XX, moitos deles sacados para enviar ós migrantes aresáns alén do mar.
Non quedes sen botarlles unha ollada!