- O documento que rexistra a súa actividade durante o ano pasado amosa o compromiso altruísta e constante dos voluntarios e voluntarias co municipio, mais tamén as súas principais labores en materia de seguridade.
- O período de maior actuacións abarca dende xuño a setembro, co desenvolvemento dun 46 % do total de operativos.
A Concellaría de Seguridade vén de dar conta dos detalles que se inclúen no balance de operativos que realiza ano tras ano a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ares (AVPC). O documento recentemente presentado inclúe o conxunto de operativos de 2025, mais tamén a tipoloxía de intervencións en materia de seguridade que despregou o voluntariado de Protección Civil, adaptándose ás necesidades do municipio.
O 2025 saldouse con 206 operativos dende xaneiro até decembro, co pico de actividade nos meses de alta actividade en Ares, de xuño a setembro, onde se aglutinan 95 actuacións, representando un 46 % sobre o total.
No balance da agrupación tamén se amosa de xeito explícito a contribución do voluntariado en Ares tipificando os diferentes dispositivos que despregan: a súa acción involucra intervir en fenómenos metereolóxicos adversos que supoñan un risco para a seguridade da ciudadanía, na xestión das avespas velutinas e os seus niños, en accidentes ou cuestións de seguridade vial, nos eventos que concentren a un número considerable de persoas e mesmo cando se localizan animais en estradas.
Así, a Agrupación de Protección Civil constata o seu papel fundamental en momentos críticos de Ares, mais tamén nos eventos e actividades da cotiandande municipal, entregando o seu tempo e esforzo altruistamente en beneficio de todos.






