Hoxe, 20 de marzo de 2023, celebramos un aniversario especial! É o momento de conmemorar os 119 anos da fundación da Alianza Aresana de Instrucción na Habana, a agrupación de emigrantes aresáns que democratizou a educación no municipio sufragando eles mesmos a construción da primeira escola da emigración galega, un espazo á vangarda da súa época.

Por iso, a partir das 19:00 horas na actual biblioteca municipal, o Concello promove unha programación con teatro, música e a entrega ao alumnado e profesorado do CPI As Mirandas do “I Premio Lazos Coruñeses con América Latina” da Deputación da Coruña polo traballo de investigación “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”.

Achégate ata alí para desfrutar dunha xornada moi completa!