Esta pasada semana, a Biblioteca Municipal de Ares foi un refuxio para os máis pequenos e pequenas da vila. A través dunha programación especial de Pascua, a Alianza Aresana encheuse de imaxinación cos obradoiros infantís preparados polo equipo técnico bibliotecario.
Unha das actividades estrela foron os obradoiros creativos nos que os nenos e nenas deron vida a uns moi particulares coelliños de Pascua feitos con calcetíns ✂️ Houbo tempo para probar doces, desenvolver a creatividade e festexar a chegada da primavera, ben cargada de libros e flores neste mes de abril.
A biblioteca exerceu así de espazo de encontro, aprendizaxe e lecer!