O equipo dinamizador da biblioteca municipal de Ares vén de anunciar os obradoiros de Pascua que promoverá nas próximas datas. Consistirán nunha procura de oviños en dúas quendas, primeiro o venres, 22 de marzo (nenos/as de 7 a 12 anos) e logo o luns, 25 (nenos/as de 3 a 6 anos), ambas organizadas ás 20:00 horas.
Para participar na procura de ovos de Pascua, será necesario que as crianzas leven unha lanterna e a súa propia bolsiña, amais de inscribirse previamente dende hoxe, 18 de marzo, vía telemática na web concellodeares.gal a partir das 18:00 horas. Os dous obradoiros terán un prezo de 3 euros.
LIGAZÓN PARA INSCRIBIRSE: https://forms.gle/S26B9bRHpKB3a8at9.