A biblioteca municipal de Ares promove a campaña “Libros x Alimentos no Nadal”

Comparte esta nota de prensa

Ata o xoves, 15 de decembro, lembra que podes colaborar na iniciativa solidaria da nosa biblioteca na que poderás levar un ou varios alimentos non perecedoiros e recibir, a cambio, un libro de segunda man. A campaña apoia directamente a Cáritas de Ares, pois todos os alimentos que se recollen serán entregados alí.

Non dubides en sumarte e achegarte ata a Alianza Aresana!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado