A Concellaría de Deportes abre o prazo para a cuarta ruta do SendAres 2022-2023

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa promoverá unha saída ata Doniños-Prior cun percorrido aproximado de 17 quilómetros onde cobrarán especial relevancia os restos de fortificacións que se poden atopar polo camiño.

As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 27 de decembro, ás 18:00 horas, ata o 15 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros.

O Concello activará antes do peche de 2022 o proceso administrativo da cuarta ruta do SendAres, o programa municipal de sendeirismo da área de Deportes. Así, mañá, martes 27 de novembro, abrirá o proceso de inscrición telemático en www.concellodeares.gal, habilitando a posibilidade de reservar prazas a partir das 18:00 horas.

No cuarto percorrido guiado, os sendeiristas trasladaranse ata cabo Prior, un dos extremos do Golfo Ártabro, e desfrutarán das praias de San Jorge e Esmelle, ademais de achegarse a restos de fortificacións e emprazamentos de baterías que protexeron a costa ao longo da súa extensa historia.

En termos técnicos, a ruta ten un itinerario de 17 quilómetros cunha dificultade media-alta e producirase o domingo, 15 de xaneiro de 2023 baixo un prezo de 15 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá de Ares ás 8:00 horas e chegará á vila ás 16:30 h., aproximadamente, no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa do municipio.

A Concellaría de Deportes, coma no resto de rutas, asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 15:00 horas do 8 de xaneiro ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Mestra no Concepción Arenal da Habana, primeira muller en ocupar a Vicepresidencia da Sociedade Fillas de Galicia creada para defender ás emigrantes galegas de calquera abuso e participante no I Congreso de Mulleres de Cuba de 1923, Andrea López Chao foi unha desas referentes que loitou por avanzar na sociedade do século XX.

A súa defensa do sufraxio feminino e da igualdade entre homes e mulleres expoñen a importancia de homenaxeala, xusto como se fixo o domingo pasado