A Concellaría de Medioambiente continúa coa formación en compostaxe á veciñanza

Comparte esta nota de prensa

O Concello avanza nas últimas fases da súa campaña informativa relacionada coa posta en marcha das dúas novas illas de compostaxe sitas nas contornas de Mariña do Pombal e Granxares, ao carón da Galiña Azul da vila.

Ao termo da semana pasada promoveuse unha charla informativa aberta á veciñanza no salón de actos da Alianza Aresana, de cara a entender como é o proceso de compostaxe e os beneficios que achega en termos ecolóxicos, da man de expertos na materia e coa intervención da concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco.

Xunto a esta acción, tamén se desenvolveu nestas semanas un proceso de porta a porta nas vivendas máis próximas ás illas de compost comunitario, entregando aos veciños e veciñas un folleto informativo e un cubo de compostaxe de 10 litros. O peche da campaña informativa realizarase ao longo do que queda de novembro, cun acompañamento nas xestións das illas de compost para solventar as dúbidas que xenere o seu bo emprego.

Desta maneira, Ares contará cunha infraestrutura ecolóxica con estas dúas illas colectivas, mais tamén 3 puntos limpos fixos, 1 punto limpo móbil e máis de 90 composteiros individuais xa instalados en fogares aresáns, facendo da localidade un lugar sostible e respectuoso co medioambiente.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado