O concelleiro, José Juan Vilar, explicou que se trata das accións que se veñen realizando periódicamente e que consisten na limpeza selectiva das marxes do río, coa finalidade de preservar a calidade e o equilibrio ecolóxico da contorna. As labores incluíron a poda de árbores, a tala daquelas en mal estado ou con risco de caída, a roza da maleza nos bordos da pasarela e a retirada de restos vexetais. Vilar informou tamén que os traballos proseguirán nos próximos días para evitar posibles dificultades na escorrentía da auga.
Aquí poden verse algunhas imaxes das tarefas recentemente realizadas: