A costa ártabra, protagonista dunha nova xornada do SendAres!

Comparte esta nota de prensa

Ao longo da mañá de onte, o SendAres levou aos seus sendeiristas a percorrer un dos treitos máis espectaculares da costa ártabra, nun roteiro marcado pola paisaxe litoral e, nesta ocasión, polas condicións metereolóxicas.

Ao longo de preto de 15 quilómetros, o grupo camiñou entre cantís graníticos, antigas baterías militares e sendeiros costeiros, coa compañía constante do son das ondas. Desfrutaron da beleza das praias e do Cabo Prior, amais das vistas que lles deixou o resto de itinerario.

Unha experiencia para coñecer o territorio máis próximo combinando deporte e natureza.

 

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Día do Cómic 2026 en Ares

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que