A Alianza Aresana acollerá este xoves, 6 de agosto, ás 20:00 horas, a presentación do libro Relatos que aún no me había atrevido a escribir, da escritora Anna Agustí Farré, nun acto organizado polo Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura.
Durante o encontro, a autora falará sobre o proceso de creación da obra e compartirá co público as historias e reflexións que recolle neste libro, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de coñecer de preto a súa traxectoria literaria.
A presentación terá lugar no salón de actos da Alianza Aresana, con entrada libre.

