A exposición Galicia en Foco xa está dispoñible para toda a veciñanza

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, inaugurou o venres pasado a colección fotográfica, que estará en Ares até o 29 de febreiro no último andar da Casa da Xuventude. Veciños e veciñas poderán achegarse en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h., os martes, xoves e venres, e ver de preto unha mostra do mellor fotoxornalismo galego.

Esta 32º edición de Galicia en Foco mantén a súa condición de viaxe polo tempo, lembrándonos grandes acontecementos sociais, políticos, medioambientais ou culturais vividos recentemente no noso territorio, pero sempre dende as ópticas singulares de grandes fotógrafos contemporáneos. Non quedes sen botarlle unha ollada!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de