A fin de semana supuxo o peche da programación cultural das Letras Galegas 2022

Comparte esta nota de prensa

O grupo A Tajea ofreceu o sábado na Alianza Aresan un concerto co seu característico selo, poñendo coas súas letras un aire novo e fresco á música tradicional.

Mentres o domingo tocou saír de viaxe a Cedeira para asistir á obra teatral “Ás oito da tarde, cando morren as nais”; unha peza escénica cunha ollada irónica sobre a relación entre o teatro e a súa recepción.

Dúas actividades diferentes, cun nexo en común: ofrecer ao público un estilo de gran forza expresiva e cheo de sentido do humor, que non deixaron indiferente a ninguén!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares, escenario de deporte e convivencia

O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar