Esa historia de sacrificios e solidariedade, de loita pola vida e a liberdade, volveu ser lembrada o pasado luns no CPI As Mirandas da localidade. O relato de como 27 republicanos da nosa comarca, en xullo de 1939, puxeron a salvo as súas vidas partindo de Ares, nese vapor, e chegando a Francia e a do pobo que os axudou, puido ser recreada a través da exposición fotográfica e do coloquio sobre ela mantido entre o alumnado, que xa traballara sobre estes contidos, e membros da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Notas de prensa
O Concello impulsará a rehabilitación do Mercado de Abastos Municipal de Ares mobilizando un investimento de case 200.000 euros
A edificación encara os seus 100 anos de historia cunha obra que intervirá na cuberta, substituíndoa por unha nova con acabado de zinc; a zona








