A Igrexa San Xosé de Ares acolle desde o 22 ata o 30 de abril a exposición “Paixón en playmobil”, formada por maquetas que reproducen as escenas da Paixón Vivente de Castro Urdiales, feitas con materiais reciclados e os clásicos clicks, moitos deles adaptados á época que se representa.

A exposición creada por Luis Vega Alegría, coñecido como Campante, recala en Ares da man da Confraría de Jesús Nazareno y Soledad de Nuestra Señora. Unha mostra que ensina escenas detalladas e fieis á tradición da Semana Santa, dende unha óptica diferente e orixinal, pensada para todos os públicos.

Poderás visitala ata o domingo, día 30 de abril, na igrexa parroquial, baixo horario de 11.30 a 13.30 e de 18.00 a 20.00 horas.

PROGRAMA en pdf