A importancia de saber automedicarse, baixo o foco da Academia AresXSaúde o vindeiro 23 de xaneiro

Comparte esta nota de prensa

O venres, 23 de xaneiro, a partir das 19:00 h., a Alianza Aresana acollerá a seguinte sesión do programa do Concello centrado na divulgación de hábitos saudables, a Academia AresXSaúde. Desta volta abordarase o concepto da automedicación, cos riscos e vantaxes que entraña a práctica para a veciñanza.

Así, Ángel Vázquez Hernández, licenciado en Medicina e Ciruxía pola USC e médico do centro de saúde de Ares desde o ano 2021, estará no salón de actos da Alianza para falar da automedicación responsable, mais tamén das boas prácticas relacionadas co botiquín caseiro: que fármacos é ideal incorporar, que tipo de material para curas é indispensable e outras consideracións xerais relacionadas co seu emprego.

Como acostuma facerse na Academia, haberá tempo para responder as dúbidas dos veciños e veciñas que asistan. A entrada é libre até completar o aforo do salón de actos.

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares bailou pola solidariedade

Moita emoción e compromiso veciñal caracterizaron a tarde de onte no pavillón polideportivo municipal, unha xornada marcada pola nova actuación solidaria organizada pola Xunta Local