A Mesa de Saúde Local de Ares analiza cuestións vencelladas coa xestión emocional

Comparte esta nota de prensa

A entidade que agrupa aos principais axentes relacionados coa promoción de hábitos saudables en Ares, a Mesa de Saúde Local, reuniuse de novo na tarde de onte para abordar novas análises e propostas neste eido que é chave no día a día da veciñanza.

Nas instalacións da Alianza Aresana, a sesión actuou coma un punto para realizar un repaso de accións executadas até o de agora en materia de xestión emocional no municipio, revisando o estado actual da materia dende diferentes perspectivas: social, deportiva, psicolóxica…

Entre os asistentes consensuouse crear unha liña de traballo coas entidades deportivas que conten con adestradores de pequenos e pequenas, para obter información cualitativa sobre como se achegan á xestión emocional en idades tempranas, sabendo que é fundamental no benestar das persoas.

A reunión contou coa presenza da edila de Benestar, Victoria Montenegro, e foi dirixida pola Rede Galega de Promoción da Saúde da Área Sanitaria de Ferrol (REGAPS).

 

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.