O Nadal chegou á biblioteca!

Comparte esta nota de prensa

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron a súa creatividade no obradoiro de postais de Nadal, onde puideron colorear, debuxar e encher de brillos as súas tarxetas.

Mais tamén hai xa dispoñible para todo lector unha mesa tematizada coas lecturas que nos propoñen dende o equipo bibliotecario para as próximas semanas. Títulos que se ambientan nestas festas para vivir un Nadal diferente grazas á literatura. John Grisham, Megan Maxwell, O Apalpador, Teo na neve… aventuras escollidas para adultos e pequenos.

Sen dúbida, #ViveONadalViveAres!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación