A palabra para loitar contra o esquecemento: Antonio Blanco Carballo presentou en Ares o seu libro sobre as vítimas do franquismo

Comparte esta nota de prensa

Este venres pasado, Antonio Blanco Carballo, autor do volume ‘Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal’, achegouse até a Alianza Aresana para dignificar e recuperar a memoria de aquelas máis de 900 persoas que sufriron a represión franquista na comarca, sacrificándose pola defensa da democracia e da liberdade.

Blanco Carballo rescatou moitas destas historias silenciadas no seu volume, que nace tamén do esforzo realizado para instalar no parque Antón Varela, en Canido, dunha escultura a modo de memorial de todas estas víctimas do franquismo.

Partindo dunha estrutura cronolóxica, realiza unha panorámica dende o inicio da dictadura até a transición democrática incluíndo testimonios, documentación histórica e datos da época.

En conversa co alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, e Ángel Fernández,  foi un acto para facer un exercicio de memoria democrática de toda a nosa comarca. Ademais, o público asistente puido levar un exemplar do volume a casa, como forma de contribuír á divulgación do pasado.

 

Pódeche interesar