Un pavillón municipal cheo para desfrutar do baile

Comparte esta nota de prensa

O I Trofeo de Baile Deportivo Concello de Ares e o Campionato Galego de Danza Coreográfica encheron as gradas do pavillón da vila cunha veciñanza ben disposta a gozar do espectáculo que propuxeron os e as bailaríns.

O Club de Baile Deportivo Narón escolleu Ares como a súa sede para as dúas competicións, e a resposta non puido ser mellor!

A Concellaría de Cultura estendeu o seu agradecemento tanto ao club, pola organización da xornada xunto co Concello, como a Protección Civil de Ares polo seu traballo de coordinación.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

O Nadal chegou á biblioteca!

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron