A riqueza da danza amósase na praia urbana de Ares

Comparte esta nota de prensa

Ao peche do día de onte, o areal próximo ao paseo marítimo da localidade foi o escenario da mostra de baile da Escola de Danza Comp-Arte, acollendo un espectáculo onde veciñanza e visitantes puideron gozar dunha boa variedade de coreografías e estilos musicais.

A praia serviu como unha contorna natural perfecta para que as bailarinas e bailaríns ensinaran todo o aprendido ao longo do curso, dende os máis pequenos até os máis maiores! E estas foron algunhas das instantáneas que nos deixou o evento no que colaborou o Concello de Ares.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.