A Ruta Ciclista Popular pola contorna de Ares supera os 100 participantes na sua primeira edición

Comparte esta nota de prensa

Uns 135 ciclistas sumáronse este sábado pasado á I Ruta Ciclista Popular que promoveu o Concello neste Nadal, unha das principais novidades na oferta lúdico-deportiva de 2024 deseñada para que as familias e amantes do deporte puidesen subirse á bici e explorar a natureza do municipio aresán.

Todo un éxito de participación nesta primeira edición na que colaboraron os Pulpeiros BTT e Protección Civil de Ares, guiando ós participantes polos 15 quilómetros de itinerario, sempre cunha dificultade baixa para axudar a que o maior número de persoas desfrutase dela.

Dende o aparcadoiro de Pedrós, que centralizou a actividade, percorreron os diferentes sendeiros e estradas da localidade e alí tamén se realizou un avituallamento e un sorteo de agasallos entre os 135 ciclistas que viviron estas datas festivas subidos á bici.

 

Pódeche interesar