A veciñanza de Ares gozou onte do mellor teatro galego en Santiago de Compostela!

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Nun espectacular escenario, o salón nobre do Pazo de Fonseca, veciños e veciñas achegáronse á obra “Shakespeare en Roma” do Centro Dramático Galego (CDG) composta por múltiples versións adaptadas de textos de William Shakespeare.

O elenco actoral interpretou as pezas teatrais de Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico, actuacións de 35 minutos que falaron da loita polo poder, da guerra e da violencia, cada unha reescrita por diferentes directores e directoras.

A viaxe a Santiago, promovida pola Concellaría de Cultura no marco do Programa de Mobilidade do CDG, foi toda unha oportunidade para celebrar o Día Internacional do Teatro que se conmemora xusto hoxe, 27 de marzo!

Pódeche interesar