A vila de Ares, no Ribadeo Indiano

Comparte esta nota de prensa

A través da representación institucional da concelleira Victoria Montenegro, o municipio aresán estivo presente na última edición do Ribadeo Indiano, unha cita xa consolidada na Mariña lucense celebrada durante a fin de semana. Coas súas rúas tinguidas de branco, Montenegro sumouse ó acto de inauguración deste evento que serve, como acontece co Ares Indiano, para conmemorar a pegada dos migrantes galegos no que somos a día de hoxe.

Xunto con outras autoridades institucionais, o Concello aresán estreitou lazos con Ribadeo, máis aínda tendo en conta que ambas localidades forman parte da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, creada para unir ás vilas que traballan a prol da preservación e dignificación da memoria colectiva da emigración.

Ribadeo viviu así a súa particular celebración en diálogo constante coa historia de principios do século XX. Porque ollar ao pasado, lembrar aos que marcharon e aos que quedaron, é unha boa forma de entender quen é un mesmo no presente.

Pódeche interesar