A xornada de portas abertas da nova actividade +70, impulsada pola Concellería de Benestar do Concello de Ares, foi todo un éxito esta mañá, coa participación de máis de 20 persoas!

Comparte esta nota de prensa

Deseñada para promover hábitos saudables entre os maiores de 70 anos, a actividade +70 ofrece un enfoque integral que inclúe educación física, psicoloxía, alimentación e fisioterapia. Durante a xornada, os participantes viviron de preto as distintas disciplinas que conforman esta iniciativa. A partir de agora, a actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de 10 a 11 horas, no pavillón deportivo municipal.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares, escenario de deporte e convivencia

O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar