O Concello vén de comunicar que xa está activa a inscrición para empadroados en Ares de “Lánzaste con nós?”, a actividade destinada aos mozos e mozas nados entre 2000 e 2009 para gozar da tirolina máis longa de Galicia! Un lanzamento que, ademais, será o remate dun pequeño itinerario sendeirista e cultural polo antigo complexo mineiro da Pontenova (Lugo).
Así, aproveitando o comezo das vacacións escolares, a rapazada poderá coñecer un complexo histórico e recreativo ao aire libre o mesmo sábado, 9 de abril. A iniciativa ten un custe de 15 euros e inclúe o transporte (08:45 horas na Porta do Sol), monitores, seguros de viaxe e accidentes, a entrada ás Minas Consuelo, lanzamento na tirolina das Minas e o xantar.
Se estás interesado/a, tes ata o 5 de abril para apuntarte na biblioteca municipal de Ares! Haberá que aboar nese momento o importe da actividade e, no caso de inscribir a menores de idade, asinar un documento de autorización para asistir.