Aberto o prazo de preinscrición nos campamentos deportivos da Deputación

Comparte esta nota de prensa

O organismo provincial vén de convocar o programa de campamentos de verán, que se desenvolverá entre o 26 de xuño e o 29 de xullo repartidos en cinco quendas segundo os concellos da Coruña.

O Concello de Ares dispón de 4 prazas para mozos de entre 9 e 14 anos, na quenda comprendida entre o 17 e o 22 de xullo.

A Concellaría de Deportes vén de comunicar as novidades respecto ós campamentos deportivos da Deputación, co proceso de preinscricións xa aberto a todos os interesados. Esta actividade diríxese a nenos e nenas de entre 9 a 14 anos de idade -con data de nacemento comprendida entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro do 2013- e desenvolverase durante 5 días -do 17 ao 22 de xullo- nas instalación do IES Rosalía de Mera (A Coruña). O custe será de 85 euros.

Na estadía no campamento, a rapazada contará cun extenso programa de actividades deportivas e lúdicas, que inclúen saídas para visitar monumentos e museos. O programa tamén terá veladas nocturnas nas que as nenas e nenos desenvolverán actividades e xogos co gallo de propiciar a convivencia e o intercambio de experiencias.

O prazo para facer a solicitude xa está aberto e rematará o día 20 de maio. Por iso, a rapazada interesada deberá presentar a folla de preinscrición cuberta (pódese descargar dende o enlace na web http://www.concellodeares.gal, ou ben retirala na OMIX municipal) nas Alianzas Aresanas.

O último día para presentar a solicitude na Alianza Aresana será o 20 de maio. No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, o día 26 de maio farase un sorteo público para determinar as catro persoas do Concello de Ares que acudirán a esta actividade.

Para obter máis información, pódese contactar co servizo de deportes municipal a través do correo electrónico:   deportes@concellodeares.com

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,