📅 Período das Actividades
Do 1 de setembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026, interrompéndose só nos festivos locais ou nacionais.
🧾 Normas de Funcionamento
-
As incidencias ou suxestións tramítanse cos/as Técnicos Municipais da área correspondente.
-
As ausencias deben ser comunicadas ao/á monitor/a.
-
O acceso ao Ximnasio Municipal require carné, que debe amosarse en conserxería.
-
O pagamento das cotas será por domiciliación ou transferencia bancaria.
-
As persoas que non abonen a cota dentro do prazo perderán automaticamente a praza.
-
A baixa voluntaria debe comunicarse antes do día 25 do mes en curso.
-
Calquera recibo devolto terá un custo que deberá asumir o/a usuario/a.
-
Usuarios/as con débedas anteriores non poderán inscribirse.
-
O Concello poderá anular actividades con menos de 10 inscritos/as ou facer modificacións por causas organizativas.
-
Os/as participantes deben contar coa condición física adecuada; o Concello non se responsabiliza de danos derivados.
💰 Descontos nas Cotas
-
3 ou máis membros da mesma familia: 50 % na matrícula + 50 % na actividade de menor prezo.
-
Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as actividades.
-
Familias sen recursos (previa solicitude e informe dos Servizos Sociais): gratuíto.
🏃 Actividades e Prezos
PILATES (+14 anos)
📍 Pavillón Municipal – Sala de Usos Múltiples
🕒
-
Luns e mércores: 19:30–20:30 h (G5)
-
Martes e xoves:
• 09:30–10:30 h (G1)
• 10:30–11:30 h (G2)
• 18:30–19:30 h (G3)
• 19:30–20:30 h (G4)
💶 20,67 €
IOGA 1 (+14 anos)
📍 Casa da Xuventude
🕒 Luns e mércores: 11:00–12:30 h
💶 23,54 €
TONIFICACIÓN (+14 anos)
📍 Pavillón Municipal – Sala de Usos Múltiples
🕒 Luns e mércores: 09:30–10:30 h
💶 20,67 €
ZUMBA (+14 anos)
📍 Pavillón Municipal – Sala de Usos Múltiples
🕒 Martes e venres: 20:30–21:30 h
💶 20,67 €
BAILE LATINO (+16 anos)
📍 Pavillón Municipal
🕒 Xoves: 20:30–22:00 h
💶 14,14 €
IOGA 2 (+14 anos)
📍 Casa da Xuventude
🕒
-
Luns e mércores:
• 18:15–19:15 h (G1)
• 19:30–20:30 h (G2)
• 20:30–21:30 h (G3)
💶 20,67 €
XIMNASIA CERVÁS (+16 anos)
📍 Gandeira de Cervás
🕒 Martes e xoves: 18:00–19:00 h
💶 18,83 €
PILATES CHANTEIRO (+16 anos)
📍 Centro Cultural Outeiro
🕒
-
Luns e mércores:
• 17:15–18:15 h (G1)
• 18:15–19:15 h (G2)
💶 18,83 €
XIMNASIA CAAMOUCO (+16 anos)
📍 Agrupación Instructiva de Caamouco
🕒 Martes e xoves: 19:30–20:30 h
💶 18,83 €
📝 Información sobre Inscricións
📅 Prazos
-
Empadroados/as: do 11 ao 21 de agosto
-
Non empadroados/as: do 22 de agosto ata completar grupos
💳 Matrículas
Do 9 ao 16 de setembro, farase o pago da matrícula + 1ª mensualidade.
-
Empadroados/as: 10,13 €
-
Non empadroados/as: 18,99 €
📨 A confirmación da praza e inicio da actividade notificarase por correo electrónico.
📍 Inscricións: na web www.concellodeares.gal, no apartado “Actividades Deportivas Municipais 2025–2026”.
📧 Contacto: deportes@concellodeares.com