Se te interesa a fotografía, durante as xornadas do 14 e 15 de xullo, terás a oportunidade de participar nun evento especializado en Ares.

Trátase do VI Congreso de Fotografía de Longa Exposición, organizado pola Asociación de Fotografía de Ferrolterra, que se desenvolverá durante as dúas xornadas, en horario de tarde, no mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, con presentacións e relatorios sobre a materia a cargo de recoñecidos expertos.

A continuación achegamos o cartel onde podes consultar o programa completo.

Para ampliar a información, a organización dispón do correo afferrolterra@gmail.com  e do número de teléfono 698 165 665.

Se desexas asistir, podes formalizar a túa inscrición nesta ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdjsyFV6oGI_E8qxP3VFFRsGINSYmFPJZGQLXsqpLXpNyz6vQ/viewform