A última edición do PIE, dirixido a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos concellos de Ares, Mugardos, Fene, Cabanas, Cedeira, Narón, Neda e Valdoviño vén de ampliar o seu prazo de inscricións ata este venres, 13 de xaneiro, a través da Mancomunidade.
O Programa Integrado de Emprego de Galicia busca mellorar a inserción laboral ao longo dos seus 12 meses de duración, conxugando accións individuais con persoal técnico (asesoramento, servizo de orientación ou itinerarios personalizados de inserción laboral) con accións formativas cualificantes (peixaría, cocina, comercio, xestión de comunidades virtuais, reparación de móbiles, limpeza industrial…) e transversais (informática, idiomas, obradoiros de entrevista…).
Se estás interesada en participar, consulta a convocatoria na páxina web municipal e achégate ata o departamento de Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) situado no concello para proceder á inscrición e tramitación.